A senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta á Punta dos Castros
O informe xa se presentou a Patrimonio para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado.
O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destacou que “esta vía, pola que discorre o Camiño dos faros, permitirá mellorar a seguridade dos viandantes, ademais de ver colmada unha demanda que viña de anos atrás”.
Explica ademais que tiveron especial coidado nun tramo de cantil costeiro duns 50 metros de lonxitude, desde onde finaliza o paseo marítimo da praia de Area da Vila á parte superior de Punta dos Castros, onde interesaba valorar a posible existencia de restos arqueolóxicos á vista, dado que a intención de cara o futuro é a realización dunha rampla que dea continuidade ao paseo, e comunique con seguridade e comodidade estes dous espazos, salvando así a diferencia de cota existente.