Venres. 26.04.2024
El tiempo

Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos

  • Última hora: Adíase a limpeza do río do Porto ao sábado 17 de outubro, polas malas previsións climatolóxicas
Carballo-ADEGA-Carballo
Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos

Esta pasada fin de semana o Concello de Carballo uníase á campaña Proxecto Ríos, promovido por ADEGA. Unha nova xornada de concienciación medioambiental que sacou das casas a centos de voluntari@s a limpar os seus ríos. Foron 5 as voluntari@s de Senda Nova, coordenadas por María Canedo os que se achegaron ao río Rosende, e retiraron uns 100 kgs do río Rosende, entre elas o maleteiro dun Ford Orión, unha silla de escritoio, iantas dun coche... ou unha bolsa de leite de hai mais de 20 anos que estaba case intacta…

Limpeza do rio Rosenda por Senda Nova no Proxecto Rios
Voluntari@s de Senda Nova no río Rosende

Proxecto Ríos na Ponte

Limpeza de plasticos no rio do Porto

Mentres, os dous colectivos ecoloxistas de Camariñas, Mar de Fábula e PX Costa da Morte, uniranse á ADEGA, pero farano esta fin de semana. En estreita colaboración co Concello de Camariñas, organizan este próximo sábado día 3 de outubro, unha nova acción de saneamento e protección, neste caso no Río do Porto, mediante a recollida do lixo plástico.

O punto de encontro será ás 11:00h na praza do Outeiro (diante do local de PX).

Todos os veciños que queiran participar nesta limpeza deberán inscribirse en [email protected] ou no tlfno: 608609042.

Novas relacionadas

Comentarios