Sesión de limpeza e eliminación dun punto de vertido no río Grande
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, ven de finalizar os traballos de limpeza de dous ríos da zona, o Cubes e o Grande. Así os ríos amosaranse despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluídas das augas e coidando o medio ambiente.
Ademais, outros dos traballos realizados no entorno do río Grande foi a eliminación de un punto de vertido contaminante ao seu paso pola parroquia da Ponte de Porto no concello de Camariñas, tras reconducir as augas residuais anteriormente vertidas, cara a unha fosa séptica.
No río Grande, ao seu paso polo municipio de Vimianzo, na parroquia de San Vicente, os técnicos de Augas de Galicia desbrozaron as zonas nas que a maleza invadía o cauce e retiraron as ramas caídas das árbores no curso das augas, ademais de eliminar numerosos residuos inorgánicos.
Estes mesmos traballos tamén foron realizados nos concellos de Coristanco e Carballo onde as tarefas de limpeza alcanzaron un treito de 4,5 quilómetros do río Cubes ao seu paso polo lugar de Entrecruces na parroquia de Novi.
Novas relacionadas
- Sumerxíndonos no Mar de Laxe.
- A Xunta asegura que as obras nos 3 saltos do Xallas crearán 700 postos de traballo.
Fonte
- Xunta.