Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Solicitan a reparación de biondas de seguridade na estrada de Camelle

Estrada Ponte do Porto-Camelle
Nesta curva da estrada xa houbo varios accidentes
Solicitan a reparación de biondas de seguridade na estrada de Camelle

O voceiro do BNG de Camariñas, Xurxo Rodríguez, vén de presentar este martes 12 de marzo un escrito solicitando a reparación das biondas de seguridade na estrada provincial DP-1601, na baixada dende o Rodeiro a Camelle.

Aseguran que nunha zona concreta de curvas xa houbo varios accidentes,.

Por iso o BNG pide ao grupo de goberno que inste á Deputación e reparar as biondas danadas e ademais se instalen unhas novas na curva seguinte.

Comentarios