Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Todo preparado para a maior Lumarea de Galicia

Festas Lumarea Camarinas San Xoan 2024
Todo preparado para a maior Lumarea de Galicia

A organización da Lumarea de Camariñas, xa deu a coñecer o cartel completo da maior cachela de Galicia, unha cita imprescindible para a noite de San Xoán. Pero ao mesmo tempo, aínda mantén en segredo a figura que arderá este ano. Haberá que esperar á próxima fin de semana, que será cando a instalen na praia Da Vila, para descubrir de que trata a réplica que, aseguran, de 24 metros de ancho e 18 de largo. Unha marea de palés de madera esperan convertirse na será a máis “grande e espectacular” de todas as edicións.

Este ano, co gallo da 15ª edición, haberá dous días de festa onde non fallarán nin a tradicional sardiñada gratis nin a maior traca da historia, xunto con actividades para todos os públicos e gustos

Arrancarán as actividades a noite do sábado 22 de xuño coa “Festa da Xuventude”, un evento no que o Grupo Bomba estará acompañado pola Macrodisco Impacto xunto cos mellores DJ do momento: Son1c, Omy Cid, Marcos Magán e DJ Mouzo.

O domingo 23 as actividades comezarán ás seis da tarde cunha festa infantil con inchables acuáticos. Desta hora comezará tamén a tradicional sardiñada con broa e cachelos, totalmente gratuíta para todos os asistentes, amenizada polo Tren da Unha xunto e tres das charangas máis coñecidas do panorama: Charanga Europa, Charanga Lou Band e Mekánica Rolling Band.

A medianoite dará inicio a traca máis potente, 200 ducias de bombas e fogos de artificio que acompañarán o encendido da maior Lumarea de Galicia e, para rematar, fin de festa con Macrodisco Impacto, DJ rokiño e DJ Bermudez.

Comentarios