Os últimos 300 metros do acceso ao Faro Vilán serán a pé
09:51 16/06/20
Interesante medida a que vén de tomar o Concello de Camariñas e a Autoridade Portuaria para preservar o patrimonio. Como xa anunciaban hai un par de semanas, vaise crear un aparcadoiro e unha zona de xiro a uns 300 metros do Faro Vilán, polo que ese último tramo terá que facerse a pé.
Só poderán pasar dese límite os taxistas e os automóbiles da Asociación de Empresarios, que poderán chegar ata a porta pero non acceder á explanada. Para os autobuses, acordouse con Stolt Sea Farm poder usar o seu aparcadoiro exterior para que estacionen alí.