Martes. 07.07.2020
El tiempo

Propoñen crear un aparcadoiro nas inmediacións do Faro Vilán

A estrada ao Faro Vilán será de titularidade municipal
A estrada ao Faro Vilán será de titularidade municipal
Propoñen crear un aparcadoiro nas inmediacións do Faro Vilán

O Concello de Camariñas asumirá a titularidade do Faro Vilán. Así o acordaron onte a alcaldesa Sandra Insua co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada. Antes, a Autoridade terá que levar a cabo as obras de reparación, e o pleno debe aprobar a cesión.

Durante as obras, a Por outra banda, na reunión estudáronse as alternativas para o acceso á explanada do Faro, que actualmente está pechado. Para este verán, como solución temporal, avanzouse na posibilidade de abrilo unicamente para turismos particulares e, tanto o Concello como a Autoridade Portuaria, van a tratar nas próximas datas como articular esa apertura. Os autobuses non poderán acceder.

Novo aparcadoiro

Co Faro pechado, a estrada estará semipechada, e só poderían acceder turismos particulares (nunca buses) ata a explanada do Faro.

Pero cómpre ofrecer unha solución definitiva, e a idea é habilitar un aparcadoiro na zona e que así os que visiten a zona, tanto en vehículos particulares como en autobuses, poidan estacionar alí e facer a pé o último tramo.

Novas relacionadas

comentarios