luns. 13.04.2026
El tiempo

A rapazada de Senda Nova pon en marcha a nova edición do programa Primavera en Ruta

Presentando.o programa de Senda Nova de Primavera en Ruta
A rapazada de Senda Nova pon en marcha a nova edición do programa Primavera en Ruta

Máis de 60 persoas iniciaron dende o Espazo da Natureza de Oza a 17ª edición do programa Primavera en Ruta. Coma sempre, a protagonista foi a rapazada da Escola Ambiental, presentando o plan debullando as familias asistentes as actividades que realizan habitualmente na escola.

Ao acto asistiron representantes dos concellos colaboradores de Carballo, A Laracha e Malpica de Bergantiños, así como membros de Enxeñería sen Fronteiras, socios e socias de Senda Nova, familiares de alunado da Escola Ambiental e público en xeral.

O porgrama arrinca o 19 de abril percorrendo o Anllóns por Coristanco e Ponteceso, e visitará Aldemunde, Malpica, Coristanco, Trazo, Cabana, A Laracha e Zas.

Primavera en Ruta Senda Nova 2026

Toda a información na web de Senda Nova.

Comentarios