Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un pequeno naufraxio en Camariñas dá conta da feracidade do mar

Un pequeno naufraxio en Camariñas dá conta da feracidade do mar
Envorco en Camarinas-Foto-Reyes Lema Escena do rescate do Rosal en Camarinas-Foto-Reyes Lema Lema

Non para o mar de dar conta da súa bravura. Despois do temporal de mar da pasada semana, cun naufraxio por Muros incluído, esta semana xa tivo que poñerse Salvamento Marítimo a traballar, por causas, en todo caso, alleas ao mar. E mentres Galicia olla cara Corrubedo, onde seguen buscando aos tripulantes do Paquito 2.

Pero esta mañá de mércores 17 de decembro, o mar camariñán provocaba outro pequeno naufraxio. Segundo informan os diarios locais Camarinas.eu e Diario Camariñán, unha pequena embarcación “Rosal”, con base en Santa Mariña, sufría un envorco mentres traballaba na zona do porto, precisamente pola forte mar, e os seus dous tripulante acababan mollándose. Afortunademente foron rescatados de contado por outra embarcación.

Iso si, os danos materiais non llos quinta ninguén.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios