venres. 02.05.2025
El tiempo

Un proxecto de turismo industrial e O Semáforo optan ao premio Economía Azul

Un proxecto de turismo industrial e O Semáforo optan ao premio Economía Azul
"Turismo industrial na Costa da Morte", un proxecto do GALP Costa da Morte promovido por Industrias Cerdeimar, opta ao premio para o mellor proxecto de diversificación dentro dos I Premios Economía Azul. Ademais, a renovación do ‘O Semáforo de Fisterra’ (na que colaborou economicamente o GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia), optará tamén "Ao premio para o mellor proxecto de creación de emprego". Estes premios son son creados pola Consellería do Mar para recoñecer aos proxectos destacados que foron subvencionados no ano 2016 como estratexias de desenvolvemento local. O proxecto “Turismo industrial na Costa da Morte” contempla un espazo expositivo permanente, poñendo en valor unha planta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira. Mostra unha parte primordial da vida económica e social da poboación de Camariñas. Complementa e proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira. Segundo indican dende o GALP, este espazo "converterase nun importante recurso turístico para unha comarca", que necesita dun proxecto con capacidade de atraer turismo á zona. Ente o 2 e o 22 de outubro, a cidadanía poderá votar polos seus proxectos favoritos. En total hai catro categorías e seleccionaros tres proxectos por categoría.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • GALP Costa da Morte

Comentarios