Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Un showcooking de Adrián Felípez para pechar os cursos a hostaleiros de Camariñas

Un showcooking de Adrián Felípez para pechar os cursos a hostaleiros de Camariñas
Adrian Felipez dara unha masterclass en Camarinas

Ás veces, as propostas formativas que se dan por sectores non acaban de chegar ao público obxectivo. E mira que hainas tan interesantes como masterclass ou showcooking que vai armar este martes 23 de setembro o cociñeiro convidado Adrián Felípez de Gastroconsulting en Camariñas.

Felípez, en horario de 17.00 a 19.00h, estará no salón de actos da Casa da Pedra de Camariñas para pechar o programa formativo do proxecto GAC 3 “Plan de dinamización do Sitio de Interese Nacional cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”.

Felípez, cociñeiro de vangarda que dirixe a súa propia consultora de gastronomía na que asesora, imparte formación e innova en proxectos culinarios e na restauración, entre outras actividades relacionadas co mundo gastronómico e os fogóns. Formou parte do equipo del El Celler de Can Roca, o segundo mellor restaurante do mundo co que conseguiu tres Estrelas Michelín e tamén do equipo do restaurante Bo.Tic de Girona, galardoado cunha Estrela Michelín.

Os pratos que vai realizar son os seguintes: sardiña marinada cos últimos amorodos da tempada e “palomitas” de trigo; Pinto e fabas con culler. e Mexillón en lata 1-2-3.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios