Martes. 08.10.2024
El tiempo

Unha costeira AFIPRODEL cumpre 10 anos de loita polo desenvolvemento local

Unha costeira AFIPRODEL cumpre 10 anos de loita polo desenvolvemento local
Encontro de Afiprodel en Lugo Altísima presencia costeira no Encontro dos 10 anos de Afiprodel

Nacía hai 10 anos no seo da Costa da Morte. E pouco a pouco foron coméndose a todo o país. Aquela Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local xa é a representante dos ADL de todo o país, gracias á implicación dos Rosa Sánchez de Vimianzo, Norberto Pais de Corcubión, Dolores Pena de Carnota, Cristina Pereira de Santa Comba, María Jiménez de Camariñas, Isabel Agra de Zas, Osvaldo Santos de Fisterra, José Ramón Esperante de Camariñas…

Non fallaron todos estes precursores ao primeiro dos actos do 10º aniversario da. O acto “gordo” será en outono pero esta pasada fin de semana quixeron xuntarse en Lugo para analizar varias preocupacións destes profesionais e para perfilar as actividades a impulsar neste ano. Un encontro que refrenda a idea da entidade de “defender a profesión e a economía local”, e para repasar unha manchea de actividades realizadas nos últimos tempos Congreso Modelo, Premios Afiprodel, Foro de Desenvolvemento Local, Feira e exposición itinerante sobre a Forza do Local, ADL Labs, creación de ferramentas para o colectivo, xuntanzas provinciais, encontros, manifesto de defensa da profesión, reunións, contactos coas Universidades…

10 anos de cousas conseguidas

A presidenta de Afiprodel, Dolores Pena Pena (que traballa en Carnota), fixo un percorrido pola historia da entidade e os logros dos últimos anos. Destacou a boa sintonía coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, que xestiona as axudas ás contratacións destes profesionais, e a creación dunha comisión de coordinación con este ente en materia de formación, liñas de axuda e ferramentas de seguimento da actividade. Conseguiuse formación especializada para esta profesión a través da EGAP, da FEGAMP e das deputacións provinciais, creouse a figura de coordinador/a da Rede de Técnicos/as, e adiántase información sobre liñas de axudas.

Liuse un documento de análise das problemáticas actuais da profesión, agravadas polos cambios no procedemento admistrativo e o uso de plataformas electrónicas, tanto para os concellos como para os usuarios, asi como diferentes aspectos dos requisitos da subvención de AEDLs.

Os ADLs de toda Galicia deron un paseo por Lugo Os ADLs de toda Galicia deron un paseo por Lugo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios