Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent
23:01 27/11/10
Hoxe deixamos descansar aos nosos compañeiros, Xusto Gómez e Manuel M. Caamaño, da Cara náis íntimado Naufraxio. Pero nos sumerximos nesta salgada singradura (que diría Modesto Fraga) para ollar, de preto, todo o que aconteceu durante a homenaxe polo 120 aniversario do naufraxio do Serpent o pasado 10 de novembro. Unha homenaxe, que como levamos dicindo nestes 3 últimos anos, xa é toda unha referencia e vai servir de homenaxe a todos os mortos do mar para toda a Costa da Morte e toda Galicia.
Da man do propio escritor Juan Campos, grande valedor da homenaxe, e de Charo Vázquez Freire, e coas marabillosas imaxes que nos trae Vito Diéguez trasladámonos ao cemiterio dos ingleses, aló na punta do Boi, para escoitar o bruar do mar camariñán, acompasado do violín e da voz do Coro de Mulleres de Camariñas.
"A traxedia do Serpent"
"Foi no mil oitocentos noventa, cando en negra noite, cun gran temporal..." Así comeza a canción "A traxedia do Serpent", que as 30 mulleres do Coro de Camariñas entonaron con máis vigor a noite da homenaxe e ao compás do violín de Antía Ameixeiras (poden ollala nesta foto e no vídeo a partir do minuto 4). Un coro que provocou que a homeaxe se retrasara media hora xa que o autobús que tiña que ilas recoller ao centro de Camariñas esquenceuse da hora. Alí estaban as preto de 70 persoas que quixeron participar en persoa desta emotiva homenaxe. A noite pechada, o mar bravo, un lugar verdadeiramente afastado da civilizacións... todos os ingredientes para que o misticismo e a nostalxia nos invadisen. Abriu o acto o alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso Pichurri, que serviu para darlle un toque institucional á homenaxe. De seguido, José Manuel Pato, da Liga Naval Española, tamén presenta na última homenaxe ao Almirante Mourelle da Rúa en Ponteceso, tomou a palabra agradecendo a presencia de todos os veciños e personalidades. Os 2, xunto con Juan Campos, descubriron unha placa conmemorativa.A voz de Juan Campos
E finalmente a voz máis agardada, a do propio Juan Campos, que por certo, este vindeiro febreiro de 2011 acodirá a Plymouth, precisamente o porto base (Devonport) do barco, para impartir unha charla sobre o Serpent nunha Conferencia de expertos en naufraxios que fan anualmente na vila británica. Campos leu un texto de agradecimento para recordar a todos os náufragos de toda a Costa. O escritor citou a Rosalía de Castro. Un Campos moi activo na rede submariña, que participa continuamente nun dos blogs de referencia na materia do estado (blog de Pío Moa). Campos subiu este vídeo do acto e foi acusado polo web master de "servilismo" e "anglomanía". Algo incrible para o propio Campos pola "insensibilidad cara aos náufragos da nacionalidade que sexan". I é que esta homenaxe, este naufraxio, xa é un "símbolo de toda a xente de mar que perdeu aquí a súa vida. Galegos e do resto de España, ingleses, irlandeses, escoceses, galeses, franceses, alemáns, indios..."Entonando "Sospiros"
"Cara ao vilán, bogando vou..." Así canta o estribillo da primeira canción, "Sospiros", que cantaron as mulleres do Coro. Despois tocou "Nosa Señora da Guía", un canto tradicional na que se pide protección para os mariñeiros, "guía ós homes do mare", di. E por último soou a canción que narra con detalle o naufraxio do Serpent, da que descoñecemos o autor nin sabemos ben de que época é pero que é coñecida popularmente de sempre en Camariñas. O certo é que sobre todo esta última canción gustou moito, sobre todo aos organizadores, que non a coñecían. De entre os detalles organizativos, compre destacar que o concello iluminou cun grupo electróxeno a zona.Detalles do naufraxio
E Charo Vázquez Freire, ademais cóntanos varios detalles do naufraxio. Charo estivo a falar con xente de Xaviña, principalmente porque o lugar da "Pesadoira" concretamente con familiares directos da casa que os recibiu en primeira instancia. A historia é ben curiosa porque claro, primeiramente, non lles entendían nada ao ser ingleses e contábanme como mediante xestos, facendo os caenos de cornos de vaca entenderon, por exemplo, que querían leite, explica Charo. Contan os antergos da familia xaviñá que "lle fixeron un bolo do pote para darlles algo de comer", que daquela non había neveira onde gardar as sobras... Así se trasmite a historia, a tradición oral trasmítese de xeración en xeración. E aquí deixamos o vídeo do acto.Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).
- Información de Juan Campos e Charo Vázquez Freire.
- Fotos de Vito Diéguez.