![salvacadelos-gatinhos-espalda]()
![salvacadelos-gata-camarinas-150]()
Esta que traemos hoxe a
Salvacadelos é unha historia ben fermosa. Esta camada naceu dunha gatiña que vive na rúa en Camariñas. Entre varias veciñas danlle de comer e coidan dela, como ocorre en centos de rúas e campos da bisbarra.
Tanto cariño lle colleron ás veciñas que agora, entre todas, van a pagar a operación de esterilización da gata.
Non estiveron a tempo de todo, e xa tivo unha preciosa camada de gatiños lindísimos. Son ademais moi boíños, algo inusual tendo nacido na rúa. Tan bonitiños que son que as
mamás da Clínica Veterinaria Argos de Cee e
Salvacadelos xa lle atoparon familia a estas 3 femias e un macho.
Xa no Facebook
Salvacadelos xa está funcionando polo
Facebook.
Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.
Máis información
Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en
www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.