Venres. 17.05.2024
El tiempo

A Xunta aproba defintivamente o PXOM de Camariñas con 1.200 vivendas máis

A Xunta aproba defintivamente o PXOM de Camariñas con 1.200 vivendas máis
Captura do PXOM de Camarinas

Camariñas ten por fin, e á terceira, ten o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento abosultamente necesario para o crecemenro dos concellos pero que se está a retratasar demasiado. De feito, remata así unha longa tramitación que se iniciou en febreiro do ano 2000 co contrato de redacción do PXOM, que obtivo a súa aprobación inicial 9 anos despois e, entre o 2009 e o 2012, un total de tres aprobacións provisionais.
Remata así o tempo no que o urbanismo camariñán se rexía por delimitacións que data do 1981.

Así, na actualidade en Galicia só hai 65 concellos que teñen o seu planeamento adaptado á Lei do Solo, dos cales 27 están na provincia da Coruña. E no tocante á Costa da Morte, Camariñas convértese no 4º concello en aprobar un PXOM, tras Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Laxe.

Características

Un documento que prevé a construción de 1.191 novas vivendas de modo que se chegue acadar unha capacidade residencial de 5.690:

  • 584 vivendas nos núcleos urbano (49 do total %)
  • 162 vivendas nos Solos urbanizables (13 % do total)
  • 445 vivendas nos núcleos rurais (38 % do total)

Cómpre destacar que o solo rústico de protección especial suma 4.774 hectáreas, o que significa que case o 93% da superficie do concello conta con algún tipo de protección.

O novo PXOM propón 2 polígonos industriais, un en Camariñas e outro en Ponte do Porto, así como 5 novos sectores de solo urbanizable residencial nestas cabeceiras urbanas e diversos ámbitos de desenvolvemento en Camelle e Arou.

Ademais, o plan protexe por primeira vez unha rede de sistemas xerais e dotacións locais de espazos libres, zonas verdes e equipamentos que superan os requisitos necesarios que establece a lexislación, e que supoñen unha oferta de ocio e lecer para os habitantes do municipio.

Clases de Solo

Delimita 153 hectáreas de solo urbano, case o 3% da superficie do concello; 36,64 hectáreas de solo urbanizable, o 0,71% do municipio; e 138 hectáreas de solo de núcleo rural, o 2,69% da extensión do concello.

Clase de SoloSuperficie (Há)%
TOTAL CONCELLO CAMARIÑAS5.098100,00
SOLO URBANO153,252,98
Urbano Consolidado134,222,612
Urbano Non consolidado19,030,370
SOLO URBANIZABLE36,640,71
Urbanizable delimitado33,600,654
Urbanizable no delimitado3,050,059
SOLO DE NÚCLEO RURAL138,282,69
Núcleo Rural Tradicional76,501,489
Núcleo Rural Común61,781,202
SOLO RÚSTICO4.74593,62
Rústico Ordinario36,110,71
Rústico de Protección Especial (Espazos Naturais, Forestal, Agropecuaria, Costas, Cauces, Paisaxístico, Patrimonio Cultural, Infraestruturas)4.774,3892,91

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios