Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Vía Céltica, presente en Fitur

Video Via Celtica en FITUR
A Vía Céltica, presente en Fitur

Non lembrou ninguén de levar o Camiño dos Faros, pero a Vía Céltica, outro dos poderosos produtos turísticos desenvoltos pola sociedade civil si que tivo o seu momento. Foi o Concello de Camariñas, un dos máis implicados, xunto cos de Vimianzo, Malpica, Cabana ou Coristanco, en espallar este novo camiño xacobeo, o que levou un fermoso vídeo realizado por Rutas y Sendas, unha parella de creadores de contido:

O vídeo foi proxectado no stand de Turespaña para dar a coñecer este itinerario, no que xa se concede a Compostela e que pretende formar parte do Camiño. “É un proxecto polo que apostamos no Concello desde os seus inicios e que avanza con pasos de xigante, presentando a quen a percorre un patrimonio e paisaxes únicos”, salientou a rexedora, Sandra Insua, imnersa en días de promoción da Mostra do Encaixe. “Esta iniciativa avanza a pasos axigantados xa que a finais do 2021 o Cabildo Compostelano acordou conceder a Compostela aos peregrinos que realicen a Vía Céltica”, salientou.

Máis novas

Comentarios