Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O voluntariado de Mar de Fábula recolleu ducias de baterías do porto do Camariñas

  • Piden aos comercios e hostalería da zona que teñan máis coidado cos envoltorios de plástico
Limpeza Mar de Fabula en Camarinas 2
O voluntariado de Mar de Fábula recolleu ducias de baterías do porto do Camariñas

Nova limpeza do noso litoral do voluntariado da activa Asociación Mar de Fábula. Este pasado sábado, 15 voluntari@s, entre eles 5 nen@s, acodiron á chamada para acodir ao porto de Camariñas. Provistas por primeira vez cunha lancha, puideron acceder aproveitando a baixamar a zonas do Canzorro onde nunca accederan, descubrindo que o estado de saúde do peirao non é o mellor.

”Quedamos abraiadxs pola cantidade de pilas que recollimos de entre o fango”, explica Virxinia Barros. “Fai moitos anos non había tanta conciencia e información no momento de desfacerse deste produto, pero hoxe sabemos que unha batería común contamina até 3.000 litros de auga”, explica.

Tamén queren facer fincapé na “necesidade de prestar máis atención na actividade comercial do mercado no momento de desfacerse dos envoltorios plásticos nos que está a mercancía. O mar e os mercados nas vilas mariñeiras están relativamente perto”, explican.

En total retiraron nada menos que 14 sacos de 100 litros de lixo, que trasladaron coa axuda do Concello ao punto limpo.

Limpeza Mar de Fabula en Camarinas

MÁIS NOVAS DE MAR DE FÁBULA

Comentarios