Xoves. 08.12.2022
El tiempo

Xa chega a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013

Xa chega a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013
Cartel da XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013

Un ano máis chega unha das poucas Festas de Interese Turístico na Costa da Morte. A XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013 xa ten datas e carteis, así que de novo, a semana santa, do 27 ao 31 de marzo, a cita que mestura deseño, tradición e moda, será en Camariñas.

Haberá de todo coma sempre, facendo do XX Concurso de Deseñadores Noveis (a pesar dalgunha crítica por un suposto veto do ano pasado) un dos puntos fortes. Este ano o primeiro premio levará 2104€, o segundo 1202€ e o terceiro e o premio do público, 601€.

Pero tamén haberá diversos encontros de encaixeiras de toda a península, e continuas Xuntanzas de Palilleiras que se celebrarán día tras día para que máis de 200 palilleiras demostren as súas técnicas de palillar así como exaltar vos seus lugares de orixe.

Ademais, diariamente haberá Cursos de Encaixe de Camariñas, nos que se poderán aprender puntos tan característicos do noso encaixe como son: vos virís, ou casadillo, a araña, ou niño de abella, a antena e, puntos compostos como son: a filigrana con teares, ou casadillo con cordón, estrelas de zurcidos e flor de zurcidos con cordóns.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

comentarios