Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xosé Manuel Lema recibe a Insignia de Conservación Verde 2024 da Fundación Zoo KOKI

Xose Manuel Lema Premio Zoo Koki
Xosé Manuel Lema recibe a Insignia de Conservación Verde 2024 da Fundación Zoo KOKI

A Fundación ZOO KOKI vén de anunciar que a Insignia de Conservación Verde 2024 foi concedida a Xosé Manuel Lema Mouzo. A entidade, sita en Toledo, fixouse no traballo deste xornalista da Ponte do Porto, responsable varios medios de comunicación como AdianteGalicia ou a Radio Xallas, radio municipal de Santa Comba.

Lema realizou unha serie de 30 entrevistas sobre "cría baixo coidado humano", preferentemente, sobre a avicultura pero tamén sobre a cetrería, terrarofilia ou o mundo canino, nos que se deron a coñecer especies e tamén se escoitaban as demandas do sector, con varios espazos específicos sobre a Lei de Benestar Animal.

Entrevistas a criadores, veterinarios, científicos de Galicia, España e do mundo pero tamén a entidades como Aviornis, Fundación Loro Parque, ou  Kenya Park.

“Estou moi feliz, porque o único que pretendín foi dar voz a xente que quería expresarse, que quería divulgar a súa actividade e aparte de recibir moito afecto estou aprendendo moitísimas cousas”, sinala Lema.

Comentarios