Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xurxo Rodríguez: “A xestión económica foi un desastre en Camariñas”

Xurxo Rodriguez candidato do BNG de Camarinas 2023
Xurxo Rodríguez é candidato do BNG de Camariñas
Xurxo Rodríguez: “A xestión económica foi un desastre en Camariñas”

Continuamos percorrendo a bisbarra no marco destas eleccións municipais do 28 de maio de 2023. Unha das caras novas que presenta o BNG é Xurxo Ródríguez, candidato á alcaldía en Camariñas. Con todo, Xurxo é xa unha persoa experimentada no mundo da política e compaxina o seu papel na vila do Encaixe coa portavocía do BNG a nivel comarcal.

  • QPC: Que valoración fas desta lexislatura de goberno socialista?

Este mandato foi moi malo para o concello de Camariñas, o concello non é quen de sair da espiral de debeda, non ten un proxecto a medio prazo claro, as carencias na xestión están saíndo á luz a cada paso.
Para gobernar fai falla ter proxecto e ideas claras.

  • QPC: Como valorades pois a xestión económica municipal?

Como ben dicía a xestión foi un desastre, os máis de 2.600.000€ de débeda lastran o desenvolvemento municipal, e o peor é que o goberno non é quen de saír desa espiral de endebedamento. Precisamos mellorar isto, a débeda a priori non ten que ser mala, todos nos endebedamos para mercar unha casa, mellorar a nosa vida ou as nosas empresas, o que é malo é cando están as contas xustas xestionar mal, facer gastos innecesarios ou non acadar o aforro en moitas obras ou infraestruturas.

  • QPC: Que credes que hai que facer na zona de Reira?

A zona de Reira, ou máis ben a zona que abrangue dende o Vilan ate Santa Mariña precisa dun plan especial de protección, un plan consensuado cos mariñeiros e colectivos que viven dos recursos mariños, en onde se planifiquen as zonas a protexer pola súa beleza e sensibilidade ambiental, creando e atraendo turismo sostible, que valore e protexa a nosa riqueza.

  • QPC: Que cousas fundamentais cres quedaron por facer?

Queda moitisimo por facer en Camariñas. O primeiro e endereitar as contas municipais cunha boa xestión, despois e preciso ter as cousas claras para levar políticas que axuden a veciñanza, logo destas xornadas de campaña e de ir escoitando a xente dinche que precisan servizos, cultura, limpeza e seguridade, ninguén pide obras faraónicas ou baleiras de contido, esas tamen chegarán logo de sanear ben a economía municipal.

  • QPC: Cales son as novidades e os puntos fortes da vosa candidatura?

O compromiso da candidatura, xente que ten as ideas claras, que entenden que a política é para os vecinos, para acadar o mellor para todos, os vecinos son a nosa prioridade. Ampliar a asistencia aos maiores , a cultura como columna dunha sociedade mellor e a mellora de todos os servizos públicos, rematando coa improvisación, malgasto e amiguismos.

  • QPC: Cal é o voso proxecto para o Concello?

Agora fai falla que recuperemos a participación vecinal e o contacto co tecido social e empresarial ao longo do concello e poner en orde a xestión municipal recuperando a coherencia. Planificando e axustando todo o gasto municipal acorde ás necesidades de todas e todos.
Ampliar a asistencia aos maiores  a cultura como columna dunha sociedade mellor e a mellora de todos os servizos públicos, rematando coa improvisación, malgasto e amiguismos.

Outras novas do BNG

Comentarios