Venres. 26.04.2024
El tiempo


Carballo, “concello libre de violencias”

Carballo paneis_libre-violencias

Carballo, “concello libre de violencias”

Grandes paneis situados nas principais vías de acceso xa reivindican a intención municipal de que Carballo sexa un concello libre de violencia contra as mulleres, e tamén doutras formas de violencia. Os tres primeiros están xa colocados nas estradas de Coristanco, Malpica e Cerceda, e nas vindeiras semanas instalaranse tamén nos accesos dende A Coruña e Santiago.

Os paneis, creados polo deseñador gráfico carballés Oti Fernández, inclúen varios elementos moi simbólicos, coma o arco da vella, o corazón de eu quero a Carballo pero multicolor en vez de vermello e o logotipo do Concello de cor morada.

Campaña no CIM

folletos_cim

A Concellaría de Igualdade decidiu rematar as actividades conmemorativas do Día das Mulleres cunha campaña divulgativa sobre o Centro de Información á Muller (CIM), que constitúe un recurso específico fundamental para avanzar no camiño cara a igualdade. Ao longo desta semana realizouse nos centros de educación secundaria o reparto de material informativo, que tamén estará dispoñible nos vindeiros días en edificios públicos e outros establecementos.

Podes solicitar informacion directamente co Centro de Información á Muller chamando aos teléfonos 981700688 ou 638123460 ou enviando un correo electrónico a [email protected].
As actividades do Día das Mulleres rematarán o luns, co apagado da iluminación violeta da Casa do Concello e o traslado dos contedores dedicados a Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal ás rúas dedicadas a estas tres mulleres que fixeron historia.

Outras novas do 8M

Comentarios