Xoves. 30.05.2024
El tiempo

A Feira de Emprego xuvenil de Carballo ofrecerá 50 ofertas de traballo

Imaxe dunha feira de Emprego da Camara
Imaxe dunha feira de Emprego da Camara
A Feira de Emprego xuvenil de Carballo ofrecerá 50 ofertas de traballo

Preto de trinta empresas, con preto de 50 ofertas de emprego dirixidas a mozos e mozas rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, participarán na décimo quinta edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o vindeiro martes 30 de abril no Fórum Carballo, de 9h a 14h.

Participarán compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Arce Clima, Aseb, Caser, Citanias, Clece Vitam, El Corte Inglés, Flexiplan, FUAC, , Fuerzas Armadas, Fundación Nortempo, Gefico Enterprise y Galopin Playgrounds, Genesal, Grupo Aluman, Grupo EULEN, Grupo Externa,  IMAN Temporing, Inserta ONCE, Integra Cee, Nauterra (Grupo Calvo), Northius, Quick Up, Repsol, Samaín Servizos, Synergie, Temporing y Vegalsa-Eroski.

Perfiles máis buscados en Bergantiños

Na comarca de Bergantiños, os postos máis demandados son persoal de tenda e loxística, de cociña, de reparto, soldadores, persoal de limpeza, auxiliares administrativos, mecánicos, soldadores, persoal de reposición e ventas ou persoal de obras entre moitas outros.

Talleres de empregabilidade e asesoramento

A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección.

Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.

Inscricións e traslado gratuítos

Os interesados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Ademais, a organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús que partirá do Centro de Formación da Cámara (C/Mendaña de Neyra, 3), na Coruña.

Máis novas

Comentarios