14.000 persoas renovaron os seus documentos na oficina do DNI de Carballo
14.000 viaxes aforradas na AG55 gracias á oficina da Policía Nacional de Carballo no último ano, no seu 5º ano de actividade. Esa pode ser a lectura máis positiva dos datos deste pasado 2021, nos que a oficina expediu un total de 12.720 DNI e 1.219 pasaportes unha cifra semellante aos datos de antes da pandemia.
Do total é importante destacar que o 35% son carballeses mentres que o 65% procede doutros concellos da contorna que apenas teñen a posibilidade de renovar os documentos sen desprazarse un par de días ao semetres ca visita esporádica da Unidade Móbil. Foron así 1.260 veciños e veciñas da Laracha que se achegaron ata ela o ano pasado, os máis de 600 de Malpica ou os 530 de Vimianzo, pero tamén viñeron case 500 veciños e veciñas da Coruña e 110 de fóra de Galicia.
Un dato importante é que 428 persoas son emigrantes carballeses que aproveitan as súas vacacións para renovar o documento en agosto ou no Nadal.
Pedir cita
Se precisas utilizar o servizo lembra que podes pedir cita de maneira telemática dende a páxina web www.citapreviadnie.es ou presencialmente na Casa do Concello.