Venres. 29.03.2024
El tiempo

1,6 millóns de euros para a rehabilitación integral do CEIP Fogar

CEIP Fogar de Carballo
1,6 millóns de euros para a rehabilitación integral do CEIP Fogar

Unha das demandas da comunidade educativa parece que se convirte en realidade. En xullo comezarán os traballos de rehabilitación integral do CEIP Fogar (Carballo), despois de que aConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicase hoxe a súa licitación.

Cun orzamento de 1.614.908,87 euros, as actuacións inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, colocarase un sistema illante de envolvente continua polo exterior da fachada mediante sistema SATE, mudaranse as fiestras para instalar unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, renovaranse as persianas e substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza. Así mesmo, substituirase o material actual de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro e colocarase illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 52,80% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 62,60% en emisións de CO2.

A rehabilitación integral contempla, así mesmo, o esmaltado das carpinterías interiores e radiadores do centro, o pulido do pavimento de terrazo, a reparación e pintado de paramentos interiores en base ao Estudo cromático para Centros de Educación Infantil e Primaria da consellería e a colocación de novo falso teito acústico en varias estancias (aulas e comedor).

Novas relacionadas

Comentarios