Venres. 26.04.2024
El tiempo

32 artistas internacionais estrean na Galería Manolo Eirín a exposición “A arte é un conflito”

Exposicion O arte e un conflito
Imaxes do IG da exposición "O arte é un conflito"
32 artistas internacionais estrean na Galería Manolo Eirín a exposición “A arte é un conflito”

Trátase da exposición colectiva máis grande que ten realizado nunca a Galería Manolo Eirín, con artistas de diferentes nacionalidades (Portugal, Brasil, Venezuela, Suíza ou Dinamarca) e con diferentes traxectorias e intencións no ámbito artístico. A exposición chámase “O arte é un conflito” e a galería carballesa fará a súa inauguración este venres 8 de xullo ás 19:00h.

Artistas como Ash Santos, Quique #Ortiz, Trashumar, Sabela Zamudio, Victor Aresces, Vari Caramés, Puri Diaz, Marta Morán, Vadim Kowalenko, Manuel Facal, Alejandro Reiriz, Luís García, Alex Fuertes, Andrea Otero, Carlos Cambre, Francisco Rabisco, Andrea Mosquera, Ruth Lodeiro, Xullo Catalán, Efe Gago, Ofelia Cardo, Colectivo Un Mundo Feliz, Sara Giunta, Peter Kramer, Ruth Vidal, Elena Matamoro, Ray Castelo, Ventura Pérez, Eva Antelo, Abrós Barros, Sofía González, Celia Joglar… son os protagonistas.

Trátase dunha expo de arte contemporáneo comisariada por TUSET, que xa ten estado coa súa obra na galería carballesa. Tuset realizaba unha convocatoria polo IG @elarteesunconflicto e con pegada de carteis na cidade da Coruña, para facela máis democrática e participactiva. Presentáronse 171 propostas dos que houbo qu eescoller estas 32, en todo tipo de soportes.

”A voz dos artistas está presente e as súas obras axúdannos a definir e verificar que o arte é un conflito en se mismo. Esperamos que esta mostra xere un dialogo o máis enriquecedor #posible para todas as partes, que ao final diso debería tratar, non?”, sinalan dende a Galería.

A exposición estará visible ata o 7 de Outubro de 2022.

Comentarios