Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Galería Manolo Eirín amosa as creacións únicas de TUSET

Tuset na Galeria Manolo Eirin
Así é a montaxe da exposición de TUSET na Galería Manolo Eirín
A Galería Manolo Eirín amosa as creacións únicas de TUSET

Este venres 1 de abril a partir das 18.00h, inaugúrase a nova exposición de Héctor Manuel Rodríguez Tuset na Galería Manolo Eirín. Tras tres semanas intensas de montaxe, a galería sita na rúa da Estrela carballesa acolle a mostra titulada “Facer (o) visible” na que o artista coruñés, nacido en Arteixo mostra os resultados da súa última investigación en torno á paisaxe e ao pictórico.

”A exposición está concibida como un paseo, un paseo que incita a vincularse de novo coa terra, e que define e dá corpo á lentitude de ao natural referenciado no sistema da arte. Partindo do forte coñecemento da tradición pictórica e da súa declive nas últimas decadas nas que a pintura mantívose sobre todo estática proporcionando aos artistas de novas xeracións a contorna propicia para suscitarse renovala, o propósito de TUSET é manter a pintura viva”.

”O cheiro a terra (campo) mestúrase cos troncos de ferro óxidados polo clima ao longo do tempo, que se recubre e tensiona plásticos colonizados por materias vivas (líquenes). Cada obra ten un resultado único, unha forma nítida, unha luz cálida que ilumina como os tons ocres da oxidación do propio ferro no plástico que á súa vez se proxecta grazas aos focos da sala na parede e no chan”.

Cartel da Mostra de Tuset na Galeria Eirin

Comentarios