Domingo. 28.04.2024
El tiempo

8M: Galiza Nova Bergantiños organiza un coloquio sobre o papel da muller na universidade

Teresa Bua Nerea Lopez e Aixa Permuy no Cafe Feminismo de Carballo
Teresa Búa, Nerea López e Aixa Permuy no Cafe Feminismo de Carballo
8M: Galiza Nova Bergantiños organiza un coloquio sobre o papel da muller na universidade

O sábado 9 de febreiro, a partir das 12.30 horas, Galiza Nova de Bergantiños celebra o Día da Muller Traballadora cun coloquio na Sala de Lectura do Pazo da Cultura de Carballo. As protagonistas serán Nerea López Bolón, Teresa Búa Zache e Aixa Permuy Martínez, moderadas por Carolina Pacoret.

Nerea López Bolón (Carballo, 1998) é arquitecta graduada pola ETSAC co TFG “Centros Maggie. Arquitectura da esperanza”, dentro da liña de investigación de arquitectura e xénero. Na actualidade segue a formarse cursando o mestrado habilitante en arquitectura pola UDC.

Teresa Búa Zache (Carballo, 2000) Graduada en Dereito e co mestrado en Avogacía pola Universidade da Coruña. Actualmente opositora a Xestión Procesal. Especialmente interesada no ámbito da perspectiva de xénero a nivel teórico-práctico, así como todo o que implica a defensa dos dereitos das mulleres e por ende na construción dun Dereito Antidiscriminatorio de Xénero. Vén de ser galardoada na cuarta edición do Premio da Valedora do Pobo aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Fin de Máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres, un galardón que mereceu co seu TFM “Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais”.

Aixa Permuy Martínez (Ferrol) é Profesora na Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de CC. da Educación da USC e investigadora do Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero nesta mesma Universidade. Traballa no desenvolvemento teórico-práctico da pedagoxía feminista e queer dos afectos, aplicada a: corporalidades e afectos; amor - vínculos - formas de organizarse afectivamente; disidencias; e coidados, benestar e convivencia.

Máis novas do 8M

Comentarios