sábado. 03.05.2025
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa acolle unha charla sobre as familias numerosas

A biblioteca Rego da Balsa acolle unha charla sobre as familias numerosas
Baixo o título "Familias numerosas: tipos, recursos e apoios" a asociación galega de Familias Numerosas - Agafan - imprate este venres, ás 19 horas, unha charla na biblioteca Rego da Balsa de Carballo. A sesión está aberta a todas as familias e tamén están convidados todos os grupos políticos con representación no concello de Carballo. Na charla abordaranse temas como as axudas e beneficios ás que teñen dereito así como todas as novidades sobre este colectivo (bono social, auga, IRPF, IBI, complemento por maternidade nas pensións,...). Durante a charla, que será impartida por persoal de Agafan, haberá servizo de gardería e actividades lúdico-educativas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • AGAFAN

Comentarios