![]()
Co obxectivo de dar apoio aos avós e avoas na función educativa e coidadora dos seus netos e netas, a Cruz Vermella de Carballo e asociación cultural Adro de Vilaño (de A Laracha) poñen en marcha a
Escola de Avós e Avoas Educadores.
Este proxecto está dirixido a persoas que teñen a cargo o coidado e a crianza dos netos, ben mediante unha convivencia total con eles ou ben asumindo os seus coidados de forma frecuente. A Escola consistirá nunha serie de clases (entre 8 e 10 sesións) que se levarán a cabo unha vez á semana no centro Sociocultural de Vilaño, e que terán unha duración de unha hora e media. Os encargados de impartilas serán técnicos e voluntarios da Cruz Vermella. As clases desenvolveranse seguindo unha metodoloxía participativa na que se irán expoñendo contidos relacionados coa crianza e a educación dos menores (comunicación, conducta, autocoidados, etc.), creando un espacio común de intercambio de experiencias, con actividades que favorecerán a cohesión e a integración familiar, poñendo en valor a labor dos avós e avoas ante a sociedade.
Onde anotarse
As persoas interesadas poden inscribirse en Cruz Vermella Carballo (981 703 764) ou a través da asociación cultural Adro de Vilaño. Unha vez rematadas as inscripcións fixarase un día da semana para impartir as clases.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cruz Vermella Carballo