Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A débeda por habitante do Concello de Carballo é un 70% menor que a media galega

A débeda por habitante do Concello de Carballo é un 70% menor que a media galega
Presentando os orzamentos de 2013 de Carballo

Pechou o Concello de Carballo, o orzamento municipal para o exercicio de 2013. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Concelleira de Facenda, Belén Lendoiro deron contas, e mesmo a web municipal publica un documento coas mesmas.

Os números indican que o Concello conta cun remanente de tesourería positivo para gastos xerais de 6.627.338,71 euros, arredor de 1,5 millón de euros máis que o ano pasado. Un remanente que se poderá usar para "solucionar posibles tensións de tesourería polo proxecto Anllóns-Bardoso", así como a "mellorar a eficiencia enerxética ou a continuar coas melloras en materia de saneamento e subministro de auga e coa promoción turística do municipio".

Pero a cifra que nos parece máis reseñable é que nos últimos anos o volume de endebedamento ten pasado do 46,29 por cento de 2001 ao 14 por cento ao peche de 2013, mentres que a carga financeira do Concello é dun 5,97 por cento.
Así, atendendo á débeda por habitante, é de 84 euros por cada veciño ou veciña, sendo un 70 por cento inferior á media galega, de 278 euros, e un 88 por cento menor que a media estatal, que supón 755 euros por habitante.
Ademais, o Concello fixo público, segundo marca a lei, o período medio de pago da débeda comercial do cuarto trimestre de 2013, que foi de 12,29 días, toda unha cifra para o que temos visto por aí.

Fonte

Comentarios