Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Deputación comprométese a mellorar as infraestructuras de Aspadex

A Deputación comprométese a mellorar as infraestructuras de Aspadex
aspadex-deputacion Representantes de Aspadex mantiveron unha reunión co presidente da Deputación da Coruña e coa deputada de Servizos Sociais Representantes de Aspadex, o presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso - e a deputada de Servizos Sociais - Ánxela Franco - mantiveron unha reunión co fin de estudar os diferentes proxectos e actuacións para os que requiren a colaboración da institución provincial. A institución provincial xa colaborou en varias ocasións con Aspadex en cuestións como a dotación dunha aula de informática ou dunha área de estimulación multisensorial. Durante a súa recente visita a Cee, González Formoso confirmou que a Deputación financiará a adquisición dun vehículo para o transporte das persoas que acoden ao centro de día desde diferentes concellos da comarca. Os representantes da Deputación tamén mantiveron unha reunión na mesma liña cos membros da entidade Ambar, coa que xa colaboran a través do programa "Vivindo na Comunidade".   Mantemento das instalacións As entidades prestadoras de servizos sociais trasladaron a necesidade de axudas para manter e mellorar as súas infraestruturas. Os representantes de Aspadex e Ambar explicaron que actuacións coma a mellora da accesibilidade ou a renovación dos centros de recursos son indispensables para seguir desenvolvendo as súas actividades, e requiren investimentos moi importantes que resultan inasumibles polas propias entidades. Neste sentido, os representantes das entidades destacaron que, na actualidade, só a Deputación da Coruña ofrece axudas para facer intervencións na renovación dos locais e criticaron que outras administracións con competencia na materia non aportan ningún tipo de financiamento para este tipo de actuacións. A deputada responsable de Servizos Sociais, Ánxela Franco, explicou que, a través do programa FOIE, a Deputación concede subvencións a entidades sen ánimo de lucro para investimentos de servizos sociais. A concesión destas axudas resolverase proximamente, e tanto Ambar como Aspadex teñen solicitado axudas para renovar as súas infraestruturas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios