Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Escola Municipal de Hostalería de Carballo armou o seu mastercheff da pataca galega

A Escola Municipal de Hostalería de Carballo armou o seu mastercheff da pataca galega
Escola de Hostalaria de Carballo de masterchef Escola de Hostalaria de Carballo de masterchef De concurso estivo este luns o alumnado da Escola Municipal de Hostalaría. Veñen de participar no 1º Concurso de Cociña con Pataca de Galicia, organizado pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia. Unha cita ideal para os carballeses, pois a pataca bergantiñá está incluída na IXP. A xornada comezou cunha charla a cargo de José Antonio Chao Fernández, representante da IXP Pataca de Galicia, e un showcooking a cargo de José Antonio Mallón, cociñeiro do colectivo Remollo, que elaborou a receita que ía servir de inspiración para o concurso posterior. Porque o obxectivo dos/as alumnos/as era preparar unha ensalada rusa utilizando como ingrediente principal a Pataca de Galicia e intentando darlle o seu toque persoal. A participación estivo limitada a 12 alumnos/as, como establecen as bases do certame, no que compiten oito centros de toda Galicia. A orixinal ensalada que preparou José Antonio Mallón, foi o modelo da maioría do alumnado, aínda que varios optaron por outras elaboracións, tanto clásicas coma menos convencionais. O primeiro premio foi para a Miriam Carballido, que levou un lote de produtos integrado por un saquiño de patacas, un pelador, un sifón e un mandilón, e o segundo, a Pablo González, que conseguiu un saco de patacas.

Comentarios