A piscina de Carballo estará lista a principio de marzo

08:04 20/01/15

Boas novas para a familia do AD Fogar e de todos os usuarios da Piscina Bergantiños. O club matiña unha reunión no Concello para saber como van as obras, e parece que a cousa vai adiante.
O Concello xa contratou á empresa adxudicataria e está previsto que o inicio das obras sexa a entre finais de xaneiro e principios de febreiro e cun prazo máximo de execución de 1 mes, polo que se entende que para principios do mes de marzo a obra estaría terminada puidéndose así retomar as actividades.
Así e todo, o club AD Fogar quere manifestar o seu “descontento pola lentitude en todo o proceso de contratación”, pois contaban con ter volto á piscina a comezos de febreiro.
Novas relacionadas
Fonte
- AD Fogar.