Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A seca persiste no Anllóns

rio_anllons seca
A seca persiste no Anllóns

Así o valora o Concello de Carballo, que pide a colaboración da cidadanía para reducir o consumo de auga, despois de comprobar xunto cos responsables técnicos o estado de prealerta dos ríos Anllóns, Bardoso e Grande.

O Concello xa tomara medidas a finais de xullo cando Augas de Galicia anunciara a prealerta por escaseza de auga no río Anllóns, como pechar as fontes ornamentais, rou educir as frecuencias nas regas municipais.

Tralas últimas análises, o Anllóns é o que leva menos auga. Por iso, o municipio de Carballo xa se abastece na súa maior parte da captación do Bardoso. A existencia dunha dobre captación é a garantía da prestación do servizo á cidadanía.

A raíz da visita de hoxe acordouse solicitar a colaboración veciñal para que realice un consumo responsable de auga, con medidas como evitar encher as piscinas, baldear ou lavar os coches. Nos vindeiros días trasladarase á poboación unha serie de medidas e consellos básicos a través dunha campaña de comunicación.

Comentarios