xoves. 01.05.2025
El tiempo

Accidente sen feridos en Queo

Accidente sen feridos en Queo
accidente-queo-carballo accidente-queo-carballo Dous vehículos colisionaron onte á tarde - pouco antes das 20:00 horas - no lugar de Queo, en Carballo (estrada AC-1909). Pese a que os coches implicados sufriron importantes danos materiais non houbo que lamentar feridos. Ata o lugar do sinistros desprazáronse varios equipos de emerxencias, entre eles os Bombeiros de Carballo que se encargaron de limpar a estrada xa que un dos coches implicados no sinistro verteu unha gran cantidade de gasóil ademais de haber varios restos dos coches esparexidos pola estrada. Os bombeiros encargáronse de controlar o vertido evitando que chegase á rede de sumidoiros así como de limpar a zona unha vez retirados os vehículos. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/dous-accidentes-en-santa-comba-e-carballo-e-un-atropelo-en-ponteceso-saldo-viario-da-fin-de-semana/ Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Carballo

Comentarios