Venres. 29.03.2024
El tiempo

ADEGA propón unha sesión voluntaria de eliminación de invasoras en Baldaio

ADEGA invasoras coristanco
ADEGA propón unha sesión voluntaria de eliminación de invasoras en Baldaio

A primeira acción que anuncia ADEGA no marco do seu proxecto de colaboración con CaixaBank "Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte", xa ten data. Será o sábado 05 de marzo, en horario de 09:30 a 17:00h, cunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Baldaio, no concello de Carballo.

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo Complexo Húmido de Baldaio para retirar lixo mariño así como descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao 616 23 80 60. O voluntariado asistente terá cubertos os gatos de manutención e contará cos seguros correspondentes.

Comentarios