Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Adxudicadas as obras de construcción do centro social de Ardaña

Adxudicadas as obras de construcción do centro social de Ardaña
centro-social-ardana O centro social de Ardaña levantarase nunha parcela de máis de 2.500 m2 adquirida a medias entre o concello de Carballo e a parroquia A parroquia carballesa de Ardaña contará proximamente cun centro social. A xunta de goberno local adxudicou onte á empresa construcciones López Cao as obras do centro social de Ardaña, que serán financiadas integramente con fondos municipais. O concello de Carballo investirá 311.333 euros no edificio, que arrancará en breve e estará rematado este mesmo ano. O centro levantarase nunha parcela de 2.556 m2 adquirida a medias entre o concello de Carballo e a parroquia de Ardaña. A finca está situada a 100 metros da estrada de Santiago e a 70 metros da igrexa, e dada a súa superficie poderanse habilitar un aparcamento e un amplo espazo aberto de uso público. En canto ao proxecto, o arquitecto carballés Fernando Añón deseñou un edificio de 417,09 metros cadrados (368,31 útiles) que se distribúen entre o soto, que albergará as instalacións e un almacén, e a planta baixa, que acollerá unha sala multiusos de 116,12 metros cadrados, un salón social, un aula, o vestíbulo, 4 aseos, almacén e un porche de 68,21 m2. O centro social de Ardaña terá dous volumes claramente diferenciables, con distintas alturas e cor: o máis alto e claro será o formado polo acceso e o salón de actos, e no máis baixo e escuro estarán as estancias de menor tamaño. A distribución dos espazos realizouse segundo as necesidades manifestadas polo movemento asociativo. O edificio quedará totalmente rematado e equipado, xa que a oferta de construcciones López Cao inclúe tamén tres melloras sen custe adicional que consistirán, en primeiro lugar, na instalación do mobiliario e unha tarima de escenario no salón de actos; en segundo lugar, un tabique móbil acústico que permitirá flexibilizar o uso do salón principal, e, por último, a urbanización dunha superficie de 900 m2 no entorno próximo ao edificio. As melloras están valoradas nuns 90.000 euros. Fonte

Comentarios