Venres. 19.04.2024
El tiempo

Adxudicadas por máis de 135.000 euros as obras de cubrición do parque infantil do Anllóns

Adxudicadas por máis de 135.000 euros as obras de cubrición do parque infantil do Anllóns
parque-infantil-anllons-carballo Carballo contará en breve co primeiro parque infantil cuberto da Costa da Morte A xunta de goberno local de Carballo adxudicou onte o proxecto de “Cubrición do parque infantil do Anllóns”. Despois de que a mesa de contratación non aceptase a xustificación da baixa temeraria realizada pola primeira empresa e de que a segunda renunciase, a obra será executada por Prosema Noroeste S.L. por un importe de 135.386,90 euros. Deste xeito, Carballo contará en breve, xa que o prazo de execución é de dous meses a partir da sinatura da acta de comprobación de replanteo, co primeiro parque infantil cuberto da Costa da Morte. O proxecto inclúe tamén a reorganización das zonas de xogos para facilitar o desfrute dos nenos e nenas, polo que será preciso substituír parte dos pavimentos para adaptalos aos novos usos. Os xogos distribuiranse en dúas zonas nas que se instalarán cubertas sustentadas cunha estrutura formada por perfís de aceiro en cor vermella, a modo de marquesiñas cubertas con paneis de policarbonato de distintas cores para protexer da choiva aos nenos e nenas pero permitindo o paso da luz. Aproveitando a reorganización do espazo crearase tamén unha zona de reunión e descanso na que se garantirá a sombra coa plantación de árbores de ribeira. A cuberta do Parque do Anllóns financiarase con cargo ao PAS Adicional da Deputación da Coruña. Outros acordos Por outra banda, a xunta de goberno local tamén aprobou onte facturas por importe de 45.047,29 euros; cinco licenzas urbanísticas, unha delas para a construción dunha nova nave no polígono industrial de Bértoa, e tres de primeira ocupación, entre as que figuran a de ampliación da nave de Casas Cube e a da primeira fase do cemiterio de Berdillo. En materia de contratación foi adxudicado á empresa AYTOS Soluciones Informáticas S.L.U. o contrato de subministro e mantemento das aplicacións informáticas de xestión, inspección e recadación tributaria por un período de tres anos e un prezo total de 149.111,33 euros. Fóra da orde do día foron aprobadas as bases da convocatoria de subvencións destinadas á promoción e ao fomento do deporte escolar. Fonte

Comentarios