![afaber-semana-alzheimer]()
O pasado luns, os membros da asociación Afaber inauguraron o programa da Semana do Alzhéimer
A asociación de
Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - Afaber - xunto coa Federación Alzhéimer de Galicia - Fagal, celebra estes días a semana desta enfermidade con distintos actos en toda a Costa da Morte. Despois da xornada inaugural, que tivo lugar o pasado luns, e da excursión ás dunas de Corrubedo que realizaron onte, os actos continúan hmañá coa proxección dunha película sobre o alzhéimer que terá lugar ás 20:15 horas no local da entidade (rúa C
amelias de Carballo).
Os actos continúan o venres, 21 de setembro e día mundial do Alzhéimer, coa presentación do
IV concurso fotográfico sobre o Alzhéimer que será ás 20:00 horas no local de Afaber. Xa o sábado, ás 20:00 horas, celebrarase a
gala conmemorativa do 20º aniversario da Federación Alzhéimer Galicia que será no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
![]()
Xa o domingo, rematan os actos cunha intensa xornada. Ás 12:30 horas celebrase na igrexa de Carballo unha
misa en recordo dos enfermos de Alzhéitmer e outras demencias falecidos no último ano. E ás 13:00 horas terá lugar o
acto de sensibilización "Ela non se acorda, e ti?".
Tamén ao longo da semana, a entidade carballesa realiza distintas
mesas informaticas en vilas como Malpica, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Carballo, Zas, Santa Comba, Ponteceso, Coristanco ou Laxe.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/malpica-e-afaber-conmemoran-a-semana-do-alzheimer-cun-curso-e-unha-mesa-informativa/
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)