Afaber recoñece a solidaridade do concello de Carballo co alzhéimer
07:07 16/02/17
O presidente de Afaber, Jesús Villar, entregoulle ao alcalde de Carballo o certicado de concello solidario co alzhéimer
Carballo conta dende onte cun certificado que acredita a súa solidaridade co alzhéimer. O presidente da asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - Afaber -, Jesús Villar, vén de entregarllo ao alcalde, Evencio Ferrero, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e a vicepresidenta e a tesoureira de Afaber, María Vilariño e Mª Luz Suárez, respectivamente.
Co acto de onte, que tivo lugar na alcaldía, materialízase o acordo plenario adoptado o pasado 31 de outubro pola corporación municipal para declarar Carballo como concello solidario coa enfermidade do alzhéimer, “apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven cunha demencia e, polo tanto, implicándose tamén na atención en demencias e alzhéimer”, como destacan dende a asociación.
Novas relacionadas
- Afaber entregalle ao concello de Carballo o certificado de solidaridade coa enfermidade do Alzheimer
- Afaber organiza dous cursos de informática para adultos
- Un mes de moita actividade en Afaber
- AFABER escolle as fotos que mellor describen o alzheimer
- Fotografías que describen o alzhéimer.
- Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba.
- Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer.
Fonte
- Redacción de QPC (info@qiepasanacosta.com).
- Concello de Carballo