Aldemunde terá o novo local social na praza reformada
Avanzan as obras de acondicionamento do edificio da antiga escola para que poida ser utilizado como local social. Unhas obras que, cuns 26.000€ realizarase a renovación do tellado e das ventás, ademais do pintado do edificio, no que xa se construíu unha rampla de acceso dentro do proxecto de acondicionamento da praza.
Coa mellora da antiga escola, de feito, complétase a reforma integral do campo da festa, que fora unha das prioridades establecidas polo Consello Parroquial de Aldemunde. Despois de demoler os muros exteriores e o vello palco da música, diminuise a pendente para deixar un espazo diáfano cementada cunha pequena zona verde.
Esta é a penúltima parroquia que quedaba sen local social. Só queda Gioáns, e xa está aprobada de maneira definitiva a modificación urbanística do ámbito no que será construído e o próximo paso será a redacción do proxecto.