Venres. 07.05.2021
El tiempo

Alertan da posible desaparición da Ribeira da Pena, un dos mellores bosques da bisbarra, polos eólicos, talas e plantacións de eucaliptos

Eucaliptos no Bosque da Ribeira da Pena-Senda NOva
Eucaliptos no Bosque da Ribeira da Pena
Alertan da posible desaparición da Ribeira da Pena, un dos mellores bosques da bisbarra, polos eólicos, talas e plantacións de eucaliptos

Esta fin de semana o colectivo Senda Nova volvía facer unha das súas rutas de Primavera. Unha xornada fermosa, de coñecemento e desfrute do noso patrimonio natural polos camiños de Aldemunde, Carballo.

A gran parada desta senda, que levan percorrendo anos, é o Bosque Atlántico da Ribeira da Pena. Situada na Toural, na parroquia de Rodís, é “unha das máis importantes de toda a Costa da Morte”. Pero é ao mesmo tempo “un dos espazos de interese en perigo extremo de desaparición”, sendo o colectivo.

Bosque da Ribeira da Pena-Senda Nova

”Eólicos, talas e plantacións de eucaliptos poden rematar cun dos mellores bosques da bisbarra”, sinalan, ao recoñecer “novas e insensibles plantacións de eucalipto que están a arrasar esta xoia da nosa bisbarra a un ritmo frenético que, senón ten volta atrás rematará coa fermosa historia do bosque encantado”.

A fermosa ruta remata nun dos castros máis importantes da bisbarra, o de Aldemunde, e na Pedra Moura, ese dolmen que é capaz de incluír a Carballo no futuro Parque do Megalitismo. O lamentable é que incluso os dous espazos arqueolóxicos están escoltados por plantacións de eucaliptos.

Castro de Aldemunde-Senda Nova

Novas relacionadas

comentarios