Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Boca de Sapo espalla a reforestación de bosque autóctono en fincas municipais

Boca de Sapo na Finca San Andres
Francisco Santiago López, Belén Lorenzo e María Bella, de Boca de Sapo, na finca San Andrés
Boca de Sapo espalla a reforestación de bosque autóctono en fincas municipais

O pleno corcubionés celebrado este xoves, servía para aprobar por unanimidade o contrato de custodia de territorio asinado entre o Concello e a Asociación EcoSocial Boca de Sapo. Un convenio que permitirá á entidade xestionar unha parcela forestal municipal para recuperala como bosque autóctono, e continuar o exitoso proxecto piloto da Finca Cambeiro.

De feito, a finca Cambeiro, de apenas 1 hectárea, xa está practicamente lista, e só precisa mantemento. A nova parcela, a finca San Andrés, é moito máis grande, son 16 hectáreas, das que se intentarán reforestar entre 7 e 10 ha. O primeiro paso será a tala de eucaliptos e acacias, á que se compromete o Concello, que fará unha licitación pública entre maderistas.

A partir de aí tócalle o turno á cidadanía. “Hai terreo para facer moitas cousas”, explica Francisco Santiago López, un dos membros da comunidade. “Namóranos a idea de convertilo todo nun bosque autóctono, pero tamén podemos facer unha zona de pasto, outra de aproveitamento madereiro…” apunta.

Polo de pronto, están asesorándose con especialistas sobre as especies autóctonas ideas para a parcela, en función do relieve, a orientación… da finca. ”Queremos facilitar a volta do bosque autóctono e que sirva de exemplo para estudala finca como aula de natureza, para analizar todo o proceso de rexeneración dun bosque”, relatan dende unha entidade que agradece o compromiso de todos os grupos municipais.

Novas relacionadas

Comentarios