Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Alertan dun corte de auga en Carballo

Obras de SAN_MARTINHO
Imaxe das obras de saneamento en San Martiño
Alertan dun corte de auga en Carballo

O Concello de Carballo vén de facer este aviso: 

Con motivo das melloras na rede de auga, dende as 00:00 ata as 06:00 horas da madrugada do mércores 14 ao xoves 15 de xuño será preciso realizar un corte xeral na rede de abastecemento á zona urbana de Carballo. Durante ese tempo intentarase manter un subministro limitado de auga, polo que se prega a toda a veciñanza que se tomen as medidas oportunas previamente e que se limite o consumo unicamente a aquelas situacións de urxencia ou necesidade inaprazable. 

Grazas pola colaboración.

Comentarios