Venres. 19.04.2024
El tiempo

Avanzan as obras para reducir o risco de enchentes nas ribeiras do Anllóns

Obras do MUINHO_DO_QUINTO Carballo
Así avanzan as obras do Muínho do Quinto
Avanzan as obras para reducir o risco de enchentes nas ribeiras do Anllóns

Os proxectos do San Martiño e o Muíño do Quinto, no marco do proxecto para reducir o risco inundacións do río Anllóns ao seu paso por Carballo, están en pleno proceso de execución. Así o comprobaron esta mañá o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas,

No Muíño do Quinto está en marcha a realización dun by-pass, é dicir, unha canle alternativa que permitirá
derivar caudal en período de avenida. O proxecto afectará a senda fluvial, polo que se prevé a construción dunha pasarela de madeira de 10 metros de luz que
dea continuidade ao trazado.

A reforma do parque do San Martiño consiste na construción dun muro de contención fronte ás crecidas do río. As obras non afectarán á ponte nin ao parque
canino, e estarán paradas durante as festas de San Xoán.

Obras de SAN_MARTINHO
Obras no parque de San Martiño

Situación do proxecto

O convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo inclúe cinco proxectos, cun orzamento total de 6,3 millóns de euros.

Nestes momentos está en fase de contratación a reforma da ponte da rúa Fomento, á que optan cinco empresas. Neste punto acometerase a demolición da ponte actual e dun edificio da rúa Fomento que invade a canle do Anllóns. Posteriormente construirase unha nova ponte de 4 metros de ancho e 22 de longo.

Outra das actuacións que está pendente de contratación é a reforma da ponte da rúa do Sol, á que optan dúas empresas. O proxecto inclúe a demolición doutro edificio, que, como o anterior, xa foi adquirido polo Concello de Carballo con esa finalidade; a reforma da ponte e a creación dunha canle de augas altas.

O quinto proxecto consistirá na mellora hidráulica do río ao seu paso pola Cepeira, tamén en contratación.

Comentarios