Venres. 26.04.2024
El tiempo

Alfredo Brañas descansa, por fin, en Carballo

Alfredo Brañas descansa, por fin, en Carballo
O legado de Alfredo Branas en Carballo O sobriño neto de Alfredo Brañas en Carballo

Data emotiva a de onte co regreso de parte do legado de Alfredo Brañas ao Concello de Carballo, a vila onde naceu e onde pasou os seus primeiros anos da súa vida. O seu sobriño-neto Santiago González-Brañas facía unha completa recompilación de libros, fotografías e cartase a cedía onte ao concello, Agora será clasificado e inventariado para convertelo en patrimonio público, darlle o mellor uso posible e poñelo ao alcance da sociedade.

Estiveron presentes durante o acto membros da plataforma veciñal que está a impulsar nos últimos tempos a recuperación da figura do autor de El Regionalismo e o ex-alcalde Manuel Varela Rey como patrono da Fundación Alfredo Brañas compartiron na Alcaldía máis de media hora de conversa, que estivo repleta de anécdotas.

Santiago González-Brañas lembrou que estivo por primeira vez na vila bergantiñá en 1959, cando asistiu co seu pai e un irmán a unha homenaxe ao seu tío-avó. Unha relación con Carballo que remata con esta cesión de material histórico de gran valor para a cidade.

Nesas caixas de cartón atópanse, por exemplo, as cartas que Alfredo Brañas escribía a diario á súa nai, “á que idolatraba”, pero tamén correspondencia que mantiña con outros autores da época, como Manuel Murguía, libros ou fotografías. “Eu o único que fixen foi distraerme na xubilación, pero sempre cunha idea: aportar, e que no futuro, quen queira, lea e interprete se quere”, engadiu o sobriño-neto do xurista, economista, xornalista e escritor carballés.

Fonte

  • Carballo.

Comentarios