Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Alternativa considera "regresiva" a RPT carballesa

Imaxe dun convenio asinado entre concello e sindicatos en 2018
A Alternativa considera "regresiva" a RPT carballesa

O Concello de Carballo avanza na coordinación do seu cadro de persoal. Fíxoo a semana pasada coa celebración da Mesa de Negociación para a modificación da Relación de Postos de Traballo, chegando a un primeiro acordo.

Un acordo criticado pola Agrupación de Traballadores A Alternativa, que considera que a “a modificación vulnera os dereitos dunha parte do funcionariado municipal”. A Agrupación carga contra o concello e contra as forzas sindicais maioritarias por pactar o que entende como un “histórico e inaudito pacto para unha involución nas condicións laborais” que “por primeira vez dende que recordamos, se van empeorar as condicións laborais de parte do persoal”.

As referidas modificacións inclúen “a rebaixa de dous postos de administrativo/a do nivel 20 ao nivel 16, coa conseguinte perda económica para as persoas que puidesen resultar propietarias finais desas prazas”, sinala a Agrupación que lembra que hai un proceso de promoción interna directamente afectado por esta rebaixa.

En calquera caso, si que valora a reclasificación profesional que abriu, coa desaparición da subescala auxiliar (C2) e a súa refundición na escala administrativa (C1). Unha petición que leva demandando a Alternativa varios anos.

Comentarios