O alumnado do Curso de Cociña do Forum aprenden a afiar coitelos con pedras xaponesas

Segue a pioneira Escola Municipal de Cociña do Forum de Carballo acollendo novas sesións formativas. Desta volta unha vintena de alumn@s participan no Curso de Cociña que organiza o Concello no marco dun Plan de Emprego da Xunta no que tamén se está impartindo un curso de soldadura e van empezar os de carpintería e electricidade.
Neste caso, no de Cociña, o alumnado aprende unha profesión moi demandada na comarca, como se reflicte nos novos cursos que vai acoller o Forum no marco do plan formativo do sector turístico da CMAT durante o mes de febreiro.
Durante o día de onte, asistiron a unha clase moi especial con Alberto, un afiador de Rianxo, que utiliza pedras xaponesas, que, segundo explicou, danan menos os coitelos.
A sesión afondou na importancia de ter os coitelos ben afiados para traballar máis rápido e con menor esforzo. Deixou claro que facer un mantemento diario é moi beneficioso e explicou tipos de coitelos, follas, pedras e sistemas de afiado.
Outras novas formativas
- O Obradoiro de Emprego carballés forma en materia de atención.
- A Xunta valora a aposta de formación para o emprego no Fórum Carballo.
- 2020: Un sistema de soldadura pioneiro para o taller formativo de Soldadura do Forum.
- 2019: O Forum Carballo encende os fogóns e a serra da formación.
- 2017: Carballo abre unha pioneira Escola de Hostalería.