O alumnado do IES Monte Neme únese aos “coronavirus makers” e crea unhas pantalla protectoras
12:02 30/03/20
Xa temos falado da marea de mascarillas caseiras feitas dende todas partes da bisbarra. Mención aparte merece a creación do alumnado da Aula Maker do IES Monte Neme de Carballo. Xuntáronse con varias empresas e co Concello para crear, utilizando impresoras 3D, unha serie de pantallas para os traballadores.
Xa hai 60 repartidas entre farmacias, o centro de saúde e o PAC de Carballo, e pronto veremos tamén aos membros de Protección Civil e Policía Local con elas.