Ana Pontón critica en Carballo os recortes no ensino, en sanidade e a falta de previsión da circunvalación

Visitaba este xoves a indiscutible voceira nacional do BNG, Ana Pontón, Carballo. E ademais de achegarse polo Carballo Interplay (e parabenizar ao goberno municipal por convertilo en referencia estatal) fixo un repaso polas principais eivas que sofre a nosa comarca e que atinxen directamente ao goberno galego en materia de sanidade, ensino e infraestruturas.
A primeira parada foi no Ceip “Fogar”, acompañada Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Educación, Mar Eirís e o deputado no Parlamento galego, Daniel Pérez. Asegurou que van presentar unha batería de iniciativas co fin de reforzar o ensino con máis recursos, “despois de 12 de recortes do Goberno do Partido popular”. Considera “inadmisíbel” que este inicio de curso empece cun recorte de máis de 1.000 profesores e profesoras, medida que calificou de “ideolóxica” ao comparar co que pasa noutras comunidades como Baleares, Valencia, Cataluña… onde se mantén o ratio.
FIxo fincapé na conciliación e o no servizo de comedor, pero esqueceu valorar a trampa que fixo o goberno galego cando cedeu a competencia dos propios comedores e as actividades extraescolares nas propias ANPAs.
Cincunvalación
Segue esperando Carballo pola máis que necesaria Circunvalación, para a mellora da seguridade arredor dos centros escolares da zona, así como a mellora da competitividade das empresas do polígono.
O BNG asegura que solicitará no Parlamento que se “axilice a tramitación da circunvalación”, tras lembrar que xa en 2009 xa existía un proxecto que o Partido popular meteu “nun caixón”.
Defensa da sanidade pública
Aproveitou a comitiva do BNG para visitar o parón que cada xoves realizan os profesionais dos Centros de Saúde contra a catastrofica da atención primaria dende onde pedíu á Xunta que “rectifique” e poña en marcha un “plan con 200 millóns de euros máis para reforzar a Atención Primaria e recuperar a presencialidade” porque a atención sanitaria, dixo “é un dereito que temos que preservar”.
Novas relacionadas
- 09-09-2021: Novo xoves de protesta no Centros de Saúde.
- Xaneiro 21: Os empresarios de Bértoa piden conexión co transporte público e que se cumpran os prazos da Variante.
- Decembro 2020: Adxudicado o proxecto de redacción da Variante de Carballo.
- Setembro 2020: Carballo precisa máis solo industrial.
- Agosto 2020: Novo retraso da Circunvalación de Carballo: Non estará lista en 2022 como anunciara a Conselleira.
- Xullo 2020: A Xunta licita o proxecto da Variante de Carballo a 4 días das Eleccións tras 14 anos de promesas.